ENCE: Política e a porta de atrás

ENCE_-_Porta_de_atrás

Segundo informacións publicadas, desde a privatización de ENCE no 2001, o Goberno central e a Xunta teñen tomado decisións importantes que beneficiaron á empresa pasando por cima de todas as posíbeis datas de feche. Conseguindo, gracias a modificacións lexislativas e medidas políticas, que se manteña unha actividade que co último pelotazo político e empresarial chegará ata 2073.

Como exemplos disto lembrar como na era Fraga saltouse a autonomía municipal en materia urbanística, criando un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal exclusivo para ENCE e así evitar someterse á normativa municipal e conseguir a legalidade para todo o complexo. No ano 2012 o Tribunal Supremo do Estado anulou o proxecto de supramunicipalidade pero Feijoo, presidente da Xunta, decidiu que con publicar o proxecto no DOGA xa se cumpria a sentencia.

Unha modificación lexislativa, criada “a la carta” de 2013 permitiu á empresa non ter que renovar a súa Autorización Ambiental Integrada que caducaba o 31 de decembro de 2015. Unha decisión que está recorrida ante os tribunais e aínda sen contestar.

Outra decisión polémica, por non dicir ilegal e inmoral, é a relacionada coa caducidade da concesión. No ano 2011, a Audiencia Nacional ordenou ao Ministerio de Medio ambiente a apertura do procedemento de caducidade da concesión de ENCE en sentencia firme; no 2014, unha sentencia do Tribunal Supremo instou novamente a administración do Estado a incoar expediente de caducidade da concesión esixindo que se tomaran medidas para a paralización da actividade e suspensión do uso e explotación das instalacións. Como vemos, a día de hoxe non sómente non se cumpriu o requirimento xudicial senón que se lles ampliou a concesión.

verdegaia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s