A APDR resposta ás últimas declaracións de ENCE

53899_1677440255311_93412_o
Fotografía de Carmela Dávila Pousa

Desde que o goberno en funcións do PP concedeu a prórroga de 60 anos a ENCE, semella que se abriu a veda de caza da APDR, e así sucédense as declaracións airadas desde ENCE e sectores achegados que, utilizando os mesmos argumentos mentireiros, pretenden desprestixiar á Asociación que presido. E, no colmo da desvergonza, ENCE chega a acusarnos hoxe de “complicidade na contaminación” da Ría por –segundo eles- non ter denunciado a existencia de vertidos urbanos e bacterias coliformes.

Vaia por diante que non é certo que non teñamos feito esas denuncias pero, aínda no caso de non telas feito, non seriamos cómplices; e a quen tería que dirixir a súa crítica ENCE sería ás administracións española e autonómica, administracións coas que –por certo- mantén unhas magníficas relacións políticas, económicas e mesmo familiares e que –elas si- non fixeron nada por impedir a situación e son agora sancionadas.

Resulta insultante que desde a empresa que ten a maior responsabilidade na situación actual da Ría, unha empresa que foi condenada por delito ecolóxico continuado e que segue incumprindo boa parte da lexislación ambiental, se acuse de non ter feito nada por denunciar a situación a quen somos responsábeis de que desde a UE se teña iniciado o proceso que deu lugar á sentenza recentemente ditada contra o Reino de España e á que ENCE alude no seu comunicado; porque gústelle ou non a ENCE, fomos nós quen no ano 1999 puxemos a queixa diante da UE contra o Estado español polo incumprimento da Directiva 91/271/CEE; e foi a Xunta de Galicia quen intentou torpedeala en multitude de ocasións. A APDR, durante o período 1999-2015, continuou coa denuncia e seguiu enviando información á UE, e foi así como se puido chegar a conseguir esta sentenza.

E non contentos con difundir estas mentiras, ENCE terxiversa a realidade ao dicir que a sentenza fai responsábel do estado das augas da Ría ás “augas domésticas” para evitar falar de “augas urbanas” que, tal e como define a Directiva 91/271/CEE e recolle no seu limiar a sentenza europea, inclúen tamén aos vertidos industriais que –como as de ENCE- saen á Ría mesturadas coas domésticas.

Pretende ENCE desprestixiar á APDR e cre que coas súas falsidades vai conseguir que deixemos de loitar contra a contaminación das augas da Ría e denunciando a súa responsabilidade nesa situación de deterioramento; nada máis lonxe da realidade! A APDR vai continuar abandeirando unha loita que tarde ou cedo vai dar os seus froitos; porque temos razón e o tempo colocará a cada quen no seu sitio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s