ADENCO oponse á concesión de augas do Tea para a macroincineradora de biomasa proxectada en Mondariz

2014021510025028381O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido nestes días escrito da Confederación Hidrográfica do Miño Sil no que se informa da concesión de augas para a macroincineradora de biomasa proxectada na Lagoa (Mondariz). ADENCO xa tiña participado nun acto de confrontación opoñéndose á concesión das augas para o proxecto de macroincineradora

Cómpre lembrar que o proxecto da planta no lugar da Lagoa ten prevista a captación de auga directamente do Río Tea, un espazo protexido que se atopa inserido na Rede Natura 2000. A praia do Val, lugar de esparcemento para a veciñanza do Condado, é o espazo concreto no que se realizaría a captación. A propia Memoria do Proxecto Técnico de Execución indica que a incineradora precisaría de 24.000 litros diarios de auga que recollería directamente do LIC Río Tea e que transportaría e bombearía polo medio do núcleo urbano de Mondariz desde a praia do Val, salvando un desnivel de case 150 metros, ate o lugar da Lagoa.

O proxecto de macroincineradora xa vén de lonxe. Desde principios do ano 2010 estase tentando autorizar este proxecto no Condado. Inicialmente pretendeuse a instalación no lugar de Ribadetea (Ponteareas) pero a mobilización da veciñanza e dos movementos sociais do Condado conseguiron facer recuar á empresa que está a tentar agora desenvolver o proxecto no lugar da Lagoa, en Mondariz.

ADENCO oponse a esta instalación e propón un modelo sustentable de xestión do monte

Desde ADENCO quérese lembrar que a macroincineradora non ten garantidas as 320 toneladas diarias de biomasa necesaria para o seu funcionamento, polo que precisaría de importantes cantidades de cultivos enerxéticos.

O Grupo Ecoloxista ADENCO continuará coa campaña informativa sobre o proxecto de planta de xeración eléctrica a partir incineración de biomasa forestal en Mondariz, no lugar da Lagoa, informando dos impactos que tería a planta e animando á veciñaza a alegar contra o proxecto. Do mesmo xeito, continuarase a informar sobre as alternativas existentes na xestión da biomasa que poderían crear emprego no Condado sen causar impactos na veciñanza nin nos montes da Comarca e cun investimento moito menor. Desde ADENCO proponse un modelo de xestión multifuncional do monte onde o respecto polo Medio ambiente e o uso social adquiran relevancia e no que a biomasa poida ser utilizada para iniciativas económicas sustentables como a introdución de gando en extensivo para o control do mato ou a compostaxe da biomasa, actividades realizadas de xeito tradicional na nosa Comarca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s