Axúdanos a manter a biodiversidade en Baltar (Colectivo Ecoloxista do Salnés)

invasoras-baltarPorque as especies exóticas, como as plantas que invaden a duna de Baltar, son unha das causas máis importantes de perda de biodiversidade, no CES poñémonos mans á obra para contribuir a erradicar este problema e, sobre todo, visibilizalo:

Actividade aberta de xuño: Eliminación de especies invasoras nas dunas de Baltar (Portonovo).

 

  • Será o Sábado 18 de xuño ás 10:00 (quedamos no acceso á praia dende o parque do Espiñeiro).
  • Contaremos coa colaboración do Concello de Sanxenxo.
  • Quen poida que traia sacho e luvas de xardineria.

Deixar un comentario