–
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), pon a disposición de institucións e entidades (concellos, asociacións, etc.) que conten cunha sala ou local de exposición coas condicións axeitadas, a exposición “A AMEAZA SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA”.
Trátase dunha exposición sobre as especies invasoras e a súa problemática que consta de 13 paneis de 190 x 70 cm autoportantes, así como de dúas peanas con material expositivo. Cederase gratuitamente durante un periodo de 15 dias e até fin de ano grazas ao financiamento da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia. Poderá ir acompañada dunha charla de presentación ou dun obradorio de iodentificación e/ou inventariado das especies de flora e fauna invasora próxima.
Instrucións para as entidades solicitantes
As SOLICITUDES ou consultas de disponibilidade faranse enviando un mail ao comisario da exposición ramses@adega.gal ou chamando ao 616238050.
Na solicitude hai que achegar os seguintes datos:
- Nome da entidade solicitante.
- Enderezo, teléfono e mail.
- Características da sala ou local de exposición.
- Datas preferentes e datas alternativas.
- Motivo do interese pola exposición. Actividade(s) prevista(s) a realizar para acompañar a exposición.
- Solicitude asinada co selo da entidade solicitante.
A CESIÓN será de carácter gratuito e durante quince días. A exposición será transportada por persoal de ADEGA pero contará coa axuda da entidade solicitante para realziar as tarefas de carga, descarga e montaxe.
COMPROMISOS: A entidade solicitante da exposición compremetese á garda e custodia durante o periodo de cesión e a colaborar na súa montaxe e desmontaxe da Divulgar no entorno a sua difusión. Deberá tamén realizar un resumo ao remate do periodo, incluindo o número aproximado e perfil das persoas visitantes así como as paobas da difusión e impacto nos medios de comunicación.
Compomisos de ADEGA
ADEGA comprométese a transportar os materiais até o lugar expositivo acordado e a divulgar na súa web www.adega.gal e contas nas redes sociais o lugar, data inauguración, entidade colaboradora e periodo de exposición.