Roteiro pola protección dos montes de San Xián de Marín

MontesSXianAnimámosvos a participar no roteiro polos monte de San Xián (Marín) que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo o vindeiro sábado 9 de xullo. O percorrido é circular, duns 8 quilómetros e sairá ás 18 h. do Igrexario de San Xián para chegar ás 22 h. ao mesmo lugar. O horario vai permitir aproveitar a posición do sol, antes do solpor, para ver con maior facilidade os gravados rupestres dos complexos prehistóricos de petroglifos de Champás, A Carrasca e Pornedo.

O Monte Pituco/Pornedo é un espazo pertencente aos Montes do Morrazo, catalogado como Espazo Protexido polas Directrices de Ordenación do Territorio e cunha grande riqueza paisaxística, natural e cultural, pero ameazado pola súa clasificación como solo industrial no Plan Xeral de Ordenación Municipal e no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Industriais da Xunta de Galicia. Outras ameazas son o posible desdobramento da variante de Marín en autovía, e a proposta alternativa de aeroxeradores nos altos da Encavada, Graña e Castiñeiras dentro da Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo, ordenada pola propia Xunta.

Dende a Federación Ecoloxista Galega manifestamos o noso apoio ás reivindicacións da Asocación Defende o Monte Pituco (Pornedo) de cara á protección e conservación desta zona, así como á necesidade de desenvolver aproveitamentos agroforestais diversificados que potencien o monte en man común, ao que pertence boa parte deste espazo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s