Recoñécese a electrosensibilidade como causa de incapacidade laboral

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) recoñeceu recentemente a un enxeñeiro de telecomunicacións da multinacional Ericsson unha incapacidade permanente total para traballar en entornas de contaminación electromagnética , sentenza exemplar no Estado Español que deixa en evidencia a ausencia de Zonas Brancas e a existencia duns límites de exposición desfasados que non teñen en conta os bioefectos recollidos pola biografía médica, en contradición, entre outros, coas alertas da Axencia Europea do Medio Ambiente desde 2007 , as Resolucións do Parlamento Europeo en 2008-2009 e da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa –APCE- en 2011 , así como co Ditame da Sección TEN do Comité Económico e Social Europeo do 2015 e a aposta de entidades autonómicas e municipais pola aplicación da resolución 1815 da APCE e/ou o recoñecemento da EHS dende 2011 ata a actualidade.

.
O TSJM segue os pasos xudiciais xa iniciados tanto no Estado Español como en outros países comunitarios e extracomunitarios , en consonancia coa resolución do Parlamento Europeo en 2009 que “pide aos Estados membros seguir o exemplo de Suecia recoñecendo a hipersensibilidade eléctrica como unha discapacidade, co fin de garantir unha protección adecuada e igualdade de oportunidades ás persoas que a sofren” ; e na liña do compromiso de numerosas asociacións profesionais do ámbito da saúde e o medio ambiente , e de numerosos chamamentos internacionais .

.
Por outra banda, uns quince días despois de emitirse esta sentenza apróbase o Real Decreto 299/2016, de 22 de xullo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición aos campos electromagnéticos . Se os límites de exposición á contaminación electromagnética permitidos á poboación xeral son cuestionados por atender só aos efectos térmicos e non aos bioefectos, este Real Decreto permite límites de exposición aínda maiores no posto de traballo. Esta norma de saúde laboral aínda que recoñece a existencia dos bioefectos (sen informar de que estes se dan en límites moito menores que os límites de exposición permitidos na poboación xeral ), non contempla os efectos a longo prazo nin establece as indicacións concretas de como minimizar (tecnolóxicamente e polos tipos de uso) a exposición, indicacións que por outro lado xa están dando axencias sanitarias e asociacións profesionais .

,
Estas medidas contrastan coas chamadas á prevención dende o ámbito sindical, especialmente no ámbito escolar, reivindicando o “fomento da conexión a Internet por cable, para evitar os problemas de saúde derivados das conexións Wifi, e favorecer a integración na comunidade escolar das persoas con hipersensibilidade electromagnética” , como xa aplícase nas escolas infantís en Francia ou nas escolas infantís municipais de Hospitalet .

.
Dende as organizacións que participamos na PECCEM, impulsores das mocións municipais contra a Lei Xeral de Telecomunicacións de 2014 e do recoñecemento e atención integral da EHS , así como co-impulsores do Manifesto Europeo por unha regulación da exposición aos campos electromagnéticos que protexa realmente á saúde , seguemos a solicitar ás distintas administracións medidas de protección reais ante a contaminación electromagnética en todos os ámbitos da vida e especialmente na poboación infantoxuvenil, na liña da Resolución 1815 da APCE e do Ditame da Sección TEN do CESE de xaneiro de 2015.

Un saúdo cordial do equipo de coordinación da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM), dende as distintas comunidades autónomas,
Ángel Bayón, Comunidade de Castela e León. Enlace da PECCEM na Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV). Presidente da “Asociación Vallisoletana de Afectad@s por las antenas de Telefonía” (AVAATE)
Asunción Laso, Comunidade de Castela e León. Asociación Vallisoletana de Afectad@s por las Antenas de Telefonía (AVAATE)
Eduard Antequera, Comunidade de Catalunya. Presidente da “Associació ENSALUT”.
Irune Ruiz, Comunidade do País Vasco. Coordinadora Vasca de Afectad@s por Campos Electromagnéticos (EKEUKO-COVACE), SOS Electrohipersensibilidad -Enfermedades Ambientales de Sensibilización Central (SOS EHS-EASC).
Xulio Carmona, Comunidade Galega. Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), asesor de contaminación electromagnética da Federación Ecoloxista Galega.
Fini Manso, Comunidade galega.
Laura Cobos, Comunidade de Navarra. Presidente da Asociación de Afectad@s de Navarra por Campos Electromagnéticos (ASANACEN-EEKNE)
Pedro Belmonte. Comunidade de Murcia. Comisión Estatal de Contaminación Electromagnética de Ecoloxistas en Acción.
Mercedes González, Comunidade de Madrid. Comisión de contaminación electromagnética da “Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid” (FRAVM).
Minerva Palomar. Comunidade de Madrid. Presidenta de Electro e Químico Sensibles polo Dereito á Saúde (EQDS)
Juan Manuel Puértolas, Comunidade de Aragón. “Asociación Independiente para Defender la Salud” (ASIDES).
Rubén García, Comunidade de Asturias. “Plataforma Asturiana Escuela sin Wi-FI”.
María del Mar Rosa, Comunidade de Murcia. Electro e Químico Sensibles polo Dereito á Saúde (EQDS).
José Caselles, Comunidade Valenciana e Murcia. “Plataforma Contra la Contaminación Electromagnética de la Región de Murcia”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s