Pedimos a retirada da primeira revisión do Plan Forestal de Galiza

ence_-_pontevedra864_por_juantiagues_en_flickr_cc_by-sa_2-0A Terra Non Se Vende, as Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Verdegaia poñemos en cuestión a participación das distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal na revisión do Plan Forestal de Galiza, pois na súa elaboración as decisións as levou a cabo e impuso dun xeito totalmente viciado a maioría de entidades relacionadas directamente ao sector económico e produtivo.

Por iso pedimos o cumprimento real e efectivo dos plans de ordenación dos recursos forestais supeditados a súa vez aos da ordenación dos recursos naturais; a redución da superficie ocupada polos monocultivos forestais, en especial do eucalipto, e a súa substitución por plantacións de frondosas autóctonas; un plano efectivo de erradicación de especies alóctonas e invasoras; un plano de silvicultura e de control da biomasa que, respetuosa co medio, estea baseada na prevención real e efectiva dos lumes forestais, e non na case exclusiva da extinción; unha menor mecanización a cambio dunha maior presenza de operarias e operarios, e conseguintemente unha maior creación de emprego, como así mesmo unha redución de impacto ambiental derivada das actividades forestais.

Solicitamos, unha vez máis, a retirada e traslado da factoría pasteira de papel de ENCE da súa actual ubicación na ría de Pontevedra, procedendo á recuperación ambiental dos terreos gañados ao mar dentro do dominio público marítimo-terrestre, así como a paralización e retirada do proxecto da macroplanta de incineración de biomasa de 40 MW proposta pola empresa ENCE e a súa substitución por plantas máis pequenas fóra de monopolios empresariais e que non sobrepasen os 10 MW, descentralizadas a nivel zonal ou comarcal e que se abastezan soamente dos residuos das cortas forestais.

Apostamos pola posta en valor do patrimonio natural, cultural e social que vaia máis alá das escasas e excesivamente concentradas experiencias levadas a cabo ata a actualidade, actividades que, xunto co apoio e potenciación das iniciativas locais de autoemprego en base á multifuncionalidade dos recursos forestais dos nosos montes -–madeira, silvopastoralismo, apicultura, recolleita de fungos, froitos e herbas, etc.–, á parte de crear unha mellor valorización social, económica e cultural e unha relación máis directa da poboación humana co medio, axudarían a crear máis postos de emprego.

Para nós, un mercado do produto forestal baseado máis no abastecemento local, na proximidade e na eficiencia e aforro enerxéticos é fundamental; como tamén o é a conservación do dereito xermánico e da prevalencia dos montes en réxime de mancomún. Pedimos tamén a proteción e conservación dos hábitats naturais de interese comunitario e prioritario e das especies de fauna e flora silvestre, a ampliación de espazos naturais dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos e da Rede Natura 2000.

Podes consultar o contido completo das alegacións na seguinte ligazón:
Plan-Forestal-GZ AAE-Comentarios-DIE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s