Xornadas de sustentabilidade na UDC

Coma cada Nadal, e xa van sete edicións, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza as xornadas de sustentabilidade. desta volta, o lugar escollido será a Facultade de Dereito e o día o 1 de decembro.

Ano tras ano, propoñemos diferentes obradoiros, coloquios ou exposicións e damos a coñecer diferentes entidades ecoloxistas e ambientalistas da comarca, entre elas ADEGA, que presentarán o seu traballo a prol dunha sociedade mellor, máis concienciada co medio ambiente e co noso planeta.

Ao longo da xornada tamén haberá:

  • Punto de recollida de roupa e xoguetes con Equus Zebra. Unha ONGD con sede na Coruña que pretenden axudar á promoción integral de persoas e grupos empobrecidos e excluídos.  Tamén se recolle roupa vella esta é enviada a reciclaxe!!
  • Mercadiño de Troco. Se tes roupa que está en bo estado e xa non usas ou quedou pequena podes traela e trocala por outra. Así dámoslle unha segunda vida a roupa!!
  • Punto de recollida de aceite coas Mulleres Colleiteiras. Este proxecto  ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso
  • Reutilizaremos papel para facer cadernos na mesa da OMA.
  • Obradoiros (ver táboa): Durante esta xornada aprenderemos a facer xabrón e cosméticos naturais, a recoñecer pegadas de mamíferos, coñecer a problemática das especies invasoras, aprenderemos a ler as etiquetas dos diferentes alimentos, tamén calcularemos canto azucre levan, etc.
  • Palestra obsolescencia programada: Pola tarde, ás 18 horas, será un dos pratos fortes da xornada coa charla sobre Obsolescencia programada de man de Amigos da Terra e Enxeñaría sen fronteiras. No salón de graos da facultade.
  • Feira de asociacións: Durante todo o día distintas asociacións presentarán as súas actividades na entrada da Facultade. ADEGA, GN- Hábitat, Amigos da Terra, MOBI-LIZA, Oficina de Cooperación e voluntariado, Oficina de Medio Ambiente, CEIDA,  Arquitectura sen Fronteiras, Mulleres colleiteiras, Espiga bioconstrución, CIFP Someso, Enxeñaría sen Fronteiras.
  • Durante todo o día:
    • Exposición de recursos didácticos para a Enerxía Solar do CIFP Someso con Juan Bello
    •  Exposición sobre o Cambio Climático do CEIDA
    •  Mesa de divulgación científica sobre invasoras coa UDC Big-Bang

cartaz-feira-udc-16

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s