ENCE trata de confundir a cidadanía con falsedades e medias verdades

Volve á carga ENCE para tratar de confundir á cidadanía sobre a situación real dos seus vertidos á Ría, uns vertidos que -se poñan como se poñan- incumpren a actual lexislación. E pretenden negar a obrigatoriedade de cumprir a normativa de augas residuais urbanas acolléndose a un feito que nada ten que ver co asunto en discusión; en efecto, é certo que o tratamento das augas de vertido de ENCE nada ten que ver co das augas residuais urbanas, pero iso nin está en discusión nin invalida os argumentos que sosteñen a nosa posición.

Evidentemente, as augas de ENCE teñen que cumprir coas esixencias fixadas na súa AAI, para o que ten que tratar e depurar as súas augas de vertido nas súas instalacións fabrís; pero, ademais, os vertidos de ENCE, por ser evacuados ao medio ao través dunha instalación de tratamento de augas residuais urbanas (o emisario submarino), adquiren a categoría de augas residuais urbanas e teñen que cumprir coa lexislación de aplicación a estas augas. Así o mantivemos sempre na APDR e así o confirmou recentemente a Comisión de Medio Ambiente da Unión Europea por boca do Comisario Sr. Vella, que afirma con rotundidade en relación á fábrica de ENCE en Lourizán que “se as augas residuais da fábrica de pasta de papel se verten a través dunha instalación de tratamento de augas residuais urbanas, aplicaranse as disposicións da Directiva 91/271/CE, sobre o tratamento das augas residuais urbanas”.

Resulta curioso que tanto ENCE como a Xunta de Galicia se neguen a admitir esta realidade, e na súa negativa a cumprir esta lexislación (ou a esixir o seu cumprimento) están recoñecendo de forma implícita que as condicións fixadas na AAI para DBO, DQO, Sólidos en Suspensión, nitróxeno e fósforo, son menos esixentes que as consideradas na Directiva 91/271/CE para as augas residuais urbanas.

ENCE falta á verdade cando afirma que o emisario submarino da EDAR de Os Praceres foi construído pola empresa; trátase dunha verdade a medias. O emisario en cuestión é parte do Convenio asinado no ano 1989 entre ENCE e a COTOP (Xunta de Galicia), foi pagado entre a Xunta de Galicia e ENCE, e estivo deseñado desde un principio para recoller as augas residuais de Pontevedra, Marín e ENCE.

E terxiversa a realidade cando di que a cidade de Pontevedra foi denunciada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea, porque debera saber que a quen condenou o citado Tribunal foi ao estado español polo incumprimento da Directiva 91/271/CE nas augas residuais urbanas que saen á Ría de Pontevedra, e que entre elas consideran ás vertidas por ENCE. E isto sabémolo moi ben na APDR porque no inicio desta condena polo citado incumprimento da Directiva, está a queixa presentada por nós diante da Unión Europea. É unha das nosas vitorias xudiciais!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s