ADENCO denuncia que a primeira enchente do ano destroza parte das obras de restauración da senda do Tea

as-pedras-da-escollera-a-intemperie-a-terra-que-a-cubria-foi-parar-ao-rioAs sendas fluviais volven ser exemplo de como malgastar e despilfarrar os recursos económicos en tempos de crise e de como xerar impactos ambientais a partir da acción da administración pública. A pesares das advertencias realizadas por parte do Grupo Ecoloxista ADENCO, as obras de “restauración” da senda fluvial desde A Freixa a Padróns desenvolvéronse en plena época de chuvias. Como era previsible, a primeira enchente do ano xa xerou importantes afeccións a estas obras realizadas na área de inundación do río Tea. Así, as novas escolleras quedaron á intemperie, producíndose achegas de terra e outros materiais da restauración no curso fluvial ao longo das áreas restauradas. Do mesmo xeito, parte das árbores plantadas quedaron inutilizadas pola acción do río.

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten denunciado esta semana perante a Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil estas novas afeccións e o enésimo malgasto e despilfarro de recursos públicos. Os ecoloxistas pregúntanse ata cando se van a seguir gastando diñeiro de todos nas áreas inundables do Tea en lugar de recuperar as beiras.

Por outra banda, ADENCO alerta de que a segunda fase “restauración”, na que se contempla a utilización de pavimento con vidro nalgúns treitos da senda, afectará novamente ao hábitat prioritario da Rede Natura 2000, os bosques aluviais de amieiros e freixos, unha das principais motivacións de que o Tea sexa un espazo protexido. ADENCO considera, ademais, que esta actuación só servirá para adiar novamente a acción do río que, nas áreas inundables, voltará reclamar o que é seu.

ADENCO continuará defendendo e divulgando o patrimonio ambiental existente no río Tea. Nese senso, como ten feito desde o comezo das obras no ano 2013, o Grupo Ecoloxista denunciará calquera actuación agresiva co espazo protexido e esixirá responsabilidades polo continuado malgasto de recursos públicos en actuacións nas áreas inundables do río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s