Identifican, por vez primeira na Península Ibérica, un cogumelo atopado nas Xeiras Micolóxicas de ADENCO

As Xeiras do Grupo Ecoloxista ADENCO son referente na formación e divulgación do mundo dos cogumelos nos concellos do Condado. Nos 27 anos ininterrompidos de Xeiras Micolóxicas se teñen realizado múltiples actividades didácticas como exposicións e saídas ao monte. Nesta ocasión, as Xeiras ofrecen unha interesante e sorprendente novidade de índole científica. Un cogumelo recollido no Concello de Mondariz Balneario nas pasadas xeiras acaba de identificarse como unha Morchella rufobrunnea, unha especie moi pouco citada a nivel mundial. Os especialistas estudan se esta é a primeira cita desta especie para a Península Ibérica.

O achádego vén da man de Jaime Blanco Dios, descubridor de novas especies de fungos no noso territorio. O experto micólogo participou nas Xeiras de 2016 precisamente cunha palestra sobre as novas especies de cogumelos descubertas nos últimos anos. Foi nesa actividade onde os membros de ADENCO compartiron co micólogo os exemplares atopados na saída micolóxica e, en concreto, este cogumelo.

.

Posteriormente, un dos exemplares recollido nas Xeiras Micolóxicas foi enviado por Jaime Blanco ate a Universidade de Cukurova, en Adana (Turquía), onde se lle extraeu o ADN e se verificou definitivamente que se trataba da especie Morchella rufobrunnea.

O descubrimento foi notificado nestes días ao Concello de Mondariz Balneario para que se manteña protexido o lugar onde foron localizados os exemplares desta singular especie de cogomelos.

Desde ADENCO manifestamos a nosa alegría polo feito de que as actividades micolóxicas, referente do traballo do Grupo Ecoloxista, sirvan para avanzar no estudo científico e na conservación da biodiversidade micolóxica.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s