O vindeiro xoves 6 de abril os compañeiros Carla e Daniel de Hábitat achegaranse a Pontevedra para presentar novamente o noso Proxecto Noucho, desta volta na Universidade de Vigo.
A charla levarase a cabo no salón de actos da Escola de Enxeñería Forestal (ver localización no mapa), e terá lugar ás 11:00h.
Dende aquí, agradecer aos compañeiros da Escola e á Universidade de Vigo a súa acollida.
Anímate e segue o Noucho na súa viaxe por Galiza!