A Confederación multa aos concellos de Ponteareas e Mondariz por incumprir as condicións autorizadas para a senda do Tea

A senda do río Tea volve a ser noticia negativa e xa van unhas cantas desde o ano 2013. Nesta ocasión, pola multa establecida pola Confederación Hidrográfica a raíz da denuncia do Grupo Ecoloxista ADENCO. A Confederación determina na proposta de resolución do expediente sancionador que se incumpriron varias das condicións particulares da autorización da senda do Tea polo que multa aos dous concellos cunha cantidade de 1.200 euros. Por outra banda, requíreselle aos concellos de Ponteareas e Mondariz que cumpran as condicións relativas á autorización nun prazo de 15 días, indicando que o incumprimento do ordenado derivaría en sancións coercitivas. A Confederación considera que existe unha circunstancia agravante da responsabilidade, polo feito de que a actuación se localice dentro do espazo natural protexido LIC Río Tea.

Dende ADENCO considérase que este é un novo exemplo de como malgastar e despilfarrar os recursos económicos en tempos de crise e de como xerar impactos ambientais a partir da acción da administración pública. Certamente, desde a creación da senda tense afectado aos hábitats prioritarios do espazo inserido na rede natura 2000 e ás especies de maior interese e esta situación vai continuar. A senda do Tea, tal e como ten denunciado ADENCO en múltiples ocasións, está feita nas áreas inundables do curso fluvial, polo que cada pouco tempo as enchentes reclamarán o terreo que pertence ao río.

Esta sanción súmase a outra previas como a relativa á destrución de parte do Castro da Croa. No mesmo senso, existen outras denuncias sobre as actuacións nas sendas do Tea realizadas pola entidade ecoloxista e que se atopan na actualidade en proceso de investigación.

ADENCO continuará defendendo e divulgando o patrimonio ambiental existente no río Tea. Nese senso, como ten feito desde o comezo das obras no ano 2013, o Grupo Ecoloxista denunciará calquera actuación agresiva co espazo protexido e esixirá responsabilidades polo continuado malgasto de recursos públicos en actuacións nas áreas inundables do río Tea.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s