Non ao campo de golf de Barredo (Baiona)

A Asociación Pola Defensa da Ría, solidarízase coa loita da veciñanza de Baredo (Baiona) contra a pretensión municipal de expropiar terreos comunais para construír o que sería o maior campo de golf da provincia de Pontevedra (350.000 m2), creando un ambiente “axardinado” artificial que afectaría negativamente aos emblemáticos enclaves naturais de Chan da Lagoa e O Cortelliño e suporía:

A modificación irreversíbel do territorio, cun movemento de terra de 200.000 m3  que alteraría o relevo, eliminaría a vexetación natural, e afectaría aos recursos hídricos, ao patrimonio paisaxístico e ao patrimonio arqueolóxico, comprometería os mananciais e a condución da auga ata o pobo, privatizando o uso do territorio co peche dos camiños para as persoas (a píe, a cabalo, en bicicleta, …), e para os animais que viven en liberdade. Ademais, destruiría o xacemento arqueolóxico recentemente descuberto na zona impedindo a súa posta en valor dentro dun modelo sustentábel de turismo cultural e rural.

O monocultivo de grandes extensións de céspede mantido “contra natura” cun rego intensivo e coa aplicación de inxentes cantidades de fertilizantes e biocidas, frecuentemente tóxicos e bioacumulativos, destinados a exterminar toda forma de vida natural, especialmente a subterránea (vermes, topos, etc.), para alcanzar un ambiente totalmente artificial, eliminando drasticamente a biodiversidade, e sen ter en conta o poder potencialmente contaminante do rego intensivo con augas depuradas (cunha elevada salinidade e niveis altos de nitróxeno, fósforo, materia orgánica e outros contaminantes).

Segundo a comunidade de augas o plan recolle unhas necesidades hídricas que multiplican por catro ás da parroquia de Baredo con 400 casas, abastecidas so da auga de acuíferos e mananciais e con dificultades de abastecemento nos veráns.

Aínda que se presenta como un proxecto de interese social e económico, o proxecto de campo de golf de Baredo pertence, realmente, a un modelo de turismo insostible, cuns beneficios que de ningún xeito compensan o consumo desmesurado de recursos. Este proxecto supón unha ameaza para o desenvolvemento dun modelo de turismo rural e cultural de baixo impacto ambiental e respectuoso co territorio e o patrimonio, un sector que pode crear postos de traballo estábeis e de calidade sen depredar recursos naturais tan fundamentais como a auga, a paisaxe ou a terra fértil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s