Continuamos con forza neste 2018 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión contaremos unha vez máis coa inestimable compañía do Dr. Carlos Nores Quesada, profesor da Universidade de Oviedo, Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos, que virá a falarnos sobre os visóns presentes en España: o visón americano (Neovison vison), especie exótica invasora na nosa contorna, orixinaria de Norteamérica; e o visón europeo (Mustela lutreola), especie autóctona en grave perigo, cuxas poboacións atópanse en risco de extinción en estado silvestre. Sen dúbida, agárdanos un estupendo relatorio repleto de referencias históricas, rigor científico e realidade ecolóxica, da man dun gran divulgador.
A conferencia terá lugar o venres 26 de xaneiro ás 20:30h no noso local social, sendo de balde e aberta ao público. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario:
As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Anímate e ven connosco!
Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org