Mesa redonda: A mineria en Galicia e en América Latina

A Coordinadora Galega de ONGD e ContraMINAcción, organizan unha mesa redonda (aberta a todo o público), onde intervirían Gustavo Castro e Isabel Vilaba Seivane. Terá lugar no salón de actos da Facultade de Filosofía da USC en Santiago de Compostela mañá día 3 de maio ás 20:00. Pretendemos visibilizar que as causas, as consecuencias e as loitas que xorden ante a aprobación de proxectos mineiros depredadores aquí e noutros lugares do mundo, son as mesmas.

Gustavo Castro, activista ambientalista mexicano, compañeiro de Berta Cáceres, e que conta cunha gran experiencia na loita contra a extracción mineira (forma parte da Coordinación de la Red Mexicana de Afectados por la Minería (REMA) e do Movimiento Mesoamericano contra el Modelo Extractivo Minero (M4)). Gustavo vive dende hai uns meses no Estado español porque se veu obrigado a exiliarse do seu país ante a violencia contra activistas ambientalistas que se está a dar.

Isabel Vilalba Seivane é unha gandeira e sindicalista galega que fai parte de ContraMINAcción. Rexenta unha explotación de vacún de leite e fabas en Lourenzá, forma parte da directiva da Coordinadora Europea da Vía Campesina, e dende 2012 é secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s