Balance trampeo v.velutina no río Gafos

No día de onte 14 de maio a Asociación Vaipolorío retirou as trampas de Vespa asiática ou vespa velutina do río Gafos despois de dous meses experimentais para procurar capturar as raiñas que segundo os expertos son as que convén apresar antes ou mentres fan os niños primarios.

O número de velutinas atrapadas foi bastante significativo (27 EXEMPLARES) nun detrimento das capturas a medida que avanzaba a primavera e inversamente proporcional a floración das plantas. E decir a máis floración menos capturas en trampas.

A súa vez foron aparecendo, recentemente, outras especies de heminópteros, dípteros e lepidópteros que non tiñamos previsto recoller, aida que foran de xeito puntual. Entre outras especies comenzan a aparecer vespa crabro ou vespula germanica.

Si ben nos meses de marzo, abril e primeiros de maio case que caía exclusivamente vespa asiática, a presencia destas outras especies fainos tomar a decisión de suspender estre traballo de monitorización biolóxica. Quédanos o calendario de capturas, e outros datos estadísticos para determinar un seguimento futuro de control de especies invasoras.

Cabe sinalar a importancia de destinguir morfolóxicamente a distinción de raiñas, záncaros e obreiras para poder coñecer millor a especie.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s