29 de xullo: o principio do fín do complexo ence-elnosa

Sen deixar de manter a necesaria cautela, e agardando que a Dirección Xeral de Costas decrete a caducidade da concesión de ELNOSA o próximo 29 de xullo, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) felicítase pola noticia de que ELNOSA pechará a súa actividade en Lourizán nesa data, dando por feito que non conseguirá prorrogar a súa concesión para a fabricación de cloro, sosa e derivados máis alá da data de caducidade fixada pola Lei.

Para a APDR esta decisión, que vén reclamando desde hai tempo por entender que existen causas evidentes de caducidade da concesión da cloreira, é froito da presión social que desde hai moito se vén mantendo na comarca pontevedresa, unha presión que se está a exercer por todas as vías posíbeis, administrativa, xudicial e -sobre todo- pola da mobilización social.

Nos últimos tempos, a APDR vén centrando boa parte da súa actividade no traballo de presión en Costas do Estado para que decreten a caducidade da concesión con anterioridade ao 29 de xullo, un traballo que desde a chegada do PSOE ao goberno central vénse dirixindo cara a convencer ao goberno da necesidade de impedir a prórroga da amentada concesión e revisar o expediente de caducidade de ENCE resolto de forma irregular polo PP e que deu lugar á prórroga de 60 anos á fábrica de pasta de papel. Neste sentido, esiximos revogar a prórroga pola vía administrativa, un procedemento que aínda que poida ter maior complexidade que o tema de ELNOSA, é posíbel e desexábel.

Neste sentido, temos solicitado entrevistas co Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e cos ministros e ministras que teñen competencias en materia de medio ambiente, e mantivemos hai ben poucos días unha entrevista coa executiva local do PSOE, entrevista que como xa fixemos público resultou moi cordial e na que o PSOE comprometeuse a dar todos os pasos posíbeis para decretar a caducidade de ELNOSA e tratar de deixar sen efecto a bochornosa prórroga concedida a ENCE por Mariano Rajoy.

Desde a APDR manterémonos vixiantes da situación, e agardamos que se confirme o peche definitivo da actividade de ELNOSA en Lourizán, que entendemos ten que ser o primeiro paso para o peche definitivo do complexo ilegal e contaminante ENCE-ELNOSA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s