As Brigadas Deseucaliptizadoras estrean o ano no Monte Veciñal en Man Común de Amoedo (Pazos de Borbén)

Arredor de 40 brigadistas participarán na intervención, que terá lugar o sábado, 12 de xaneiro. O punto de encontro é a Casa Cultural de Amoedo, ás 9:30 da mañá.

As zonas a deseucaliptizar están enmarcadas nunhas 30 hectáreas, aínda que as actuacións centraranse no entorno da Senda Arqueolóxica de Amoedo, que comezou a súa andaina no 2011 e que pon en valor máis de 80 petróglifos e 20 mámoas.

As parcelas que serán obxecto da intervención están situadas fóra dos núcleos de poboación, e caracterízanse por un terreo chan ou con desniveis suaves na súa maior parte. O estado actual das mesmas e de “semidesertificación”, con niveis altos de erosión nalgúns puntos ou de monte raso noutros debido aos incendios de 2017, incendios que xa sufrira a mesma Comunidade no 2006. O peor destes incendios é que os eucaliptos expándense con forza polas zonas onde antes non había ou escaseaban, xa que no 2006 xa se realizara unha retirada desta especie invasora-pirófila-pirófita dos montes de Amoedo.

As zonas comprendidas entre Cepeda e Amoedo, que abranguen a bacía húmida de Valongo e As Laghoas entre os montes da Serra e o Buxel, así como as chás e outeiros dos montes do Pedroso e do Espiño, con lugares como A Matanza, A Rabadeira, Veighiña Longa, Léghoa Seca ou o Regheiriño polo norte, representan un valor arqueolóxico e natural extraordinario. Entre os elementos etnográficos destacan tamén o Foxo do Lobo no río Alvedosa, así como un grupo importante de construcións do ciclo da auga que comprenden pozas, regos, levadas, muíños, lavadoiros e fontes. Todos eles reflexo da asisada organización do complexo rural agrogandeiro galego tradicional, que parece non ter solución de continuidade neste novo século.

Despois da comida de albaroque, e se o tempo acompaña, está prevista a realización dun roteiro pola propia senda arqueolóxica, no que descubriremos o importantísimo patrimonio que acolle.

Se te animas a participar, o último día para anotarse nesta Brigada é o 8 de xaneiro.

Axúdanos a facer que deseucaliptización sexa algo máis que a palabra do 2018: faite Brigadista!

Para máis información:

Joám Evans, 622 31 28 31

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s