A APDR vén de presentar Recurso de alzada contra a Subdirección de Avaliación Ambiental por non informar sobre os vertidos de ENCE

Desde a APDR, que veu recibindo a información solicitada á SXAA ata o ano 2015, e que seguindo indicacións da propia SXAA solicitou en xuño dese ano que se facilitará esa información de forma periódica cada 6 meses, unha situación que -a pesar das constantes promesas por parte da Administración- non se chegou a dar nunca.E este comportamento reiterado da Administración, entra en colisión co dereito de acceso á información en materia de medio ambiente, un dereito que vén amparado pola lexislación, e de forma máis concreta pola lei 27/2006 do 18 de xullo do dereito de acceso á información en materia de medio ambiente, polo que a non remisión da información solicitada implica o incumprimento da mesma.

A Lei 27/2006 reflicte -por máis que de forma tardía- a obriga de aplicar o Convenio de Aarhus, pero tamén responde á necesidade dun desenrolo xeral do contemplado no artigo 45 da C.E., institucionalizando, entre outros dereitos, o acceso á información e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente. Ademais, para facer efectivos eses dereitos, esixía un cambio nas actitudes das autoridades públicas na procura de máis transparencia, máis comunicación en materia de medio ambiente, para garantir o protagonismo real da cidadanía neste particular.

Por máis que nos esforcemos por buscar unha explicación a este reiterado silencio das nosas solicitudes por parte da Administración, non somos quen de atopala, pois é imposíbel atopar resposta á actitude irrespectuosa da SXAA cos dereitos contemplados na Lei e no Convenio de Aarhus. E, como queira que nos últimos anos observamos con asombro coma distintos membros do PP e do Goberno da Xunta saen en defensa pública da empresa ENCE, preguntámonos: estará a Administración protexendo a ENCE incumprindo a Lei e impedindo o dereito á información contemplado pola Lei 27/2006?

Co noso recurso de alzada solicitamos que se proceda de inmediato a facilitar toda aquela información solicitada entre os anos 2015 e 2018, así coma aquela outra que se teña producido con posterioridade e ata a data de presentación deste recurso.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s