Vaipolorío puxo en coñecemento da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda de Pontevedra o seguinte:
O río Toxal (Gafos) ao seu paso pola parroquia de Bértola no Concello de Vilaboa, o carón dun poste de tendido eléctrico coa identificación UNIÓN FENOSA distribución levouse a cabo unha corta indiscriminada de vexetación ripícola en ambas marxes do río dunha lonxitude aproximada de 50 mts dentro dos traballos de limpeza levados a cabo baixo a liña que atravesa o mencionado río. Dicir que as obras non respectaron o disposto na Lei 7/92, de Pesca Fluvial, e no Decreto 130/97, do Regulamento de Ordenación de Pesca Fluvial e dos Ecosistemas Acuáticos Continentais, xa que:
•Na corta levada a cabo non respetaron os 4 mts de altura que debe manter a vexetación arbórea de ribeira.
•Realizaron una corta a ras de chan, destruíndo o bosque de galería en ámbalas marxes, cos prexuízos que supón para o desprazamento da fauna e flora ligada o ecosistema fluvial.
•Dita corta e reincidente xa que por parte desta asociación fora comunicada unha corta de semellantes características no mesmo lugar con danos idénticos tal como figura na denuncia.
Por todo elo, PRESENTAMOS esta DENUNCIA e REITERAMOS o cumprimento da legalidade vixente, coa imposición da sanción que corresponda conforme a Dereito.