Para rematar o ano 2019, queríamos facer algo especial. Lévamos ata o de agora 7025 m2 de espazos protexidos polas doazóns das accións realizadas con Hábitat Protexe e das cotas dos nosos socios e gustaríanos CHEGAR Á HECTÁREA CONSERVADA este ano.
Por iso, iremos o domingo, 29 de decembro do 2019 de 10:30h a 13:30h, á Praia de Sada, onde aprenderemos de aves da man de expertos ornitólogos da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Dende o Grupo Naturalista Hábitat estamos moi contentos de traballar xunto á SGHN por un obxectivo común, a conservación da natureza.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:
- Soci@s SGHN e G.N. Hábitat: Donativo voluntario.
- Nenos (menores de 14 anos): 3€
- Adultos (maiores de 14 anos): 5€
Axúdanos a chegar á hectárea conservada!! Ademais da cota, APORTA UN DONATIVO para achegar máis á entidade coa que participamos nesta actividade. Axudará a protexer o noso!
O recadado destinarase INTEGRAMENTE á entidade de custodia: Fundación Fragas do Mandeo (FFM). Esta entidade foi fundada no 2010 có obxectivo adquirir e custodiar parcelas de alto valor ambiental en As Mariñas (A Coruña), en especial no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. Actualmente, FFM ten en custodia 268.340 m2, en lugares como o Monte da Espenuca (Coirós), a Lagoa de Sobrado (Sobrado dos Monxes) ou ribeiras de ríos coma o Mandeo (Aranga) ou o Mendo (Oza-Cesuras).
É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido.
Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!