Deseucaliptizamos Coruxo o 11 e Valón o 18

ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PLANTACIÓN DE NATIVAS

Chegaron as dúas primeiras convocatorias das Brigadas deseucaliptizadoras deVerdegaia para 2020. Están previstas para Coruxo, no concello de Vigo, para o sábado 11 de xaneiro; e en Valón, concello de Ferrol, para o sábado 18. Animamos á xente a non demorar en apuntarse, pois as prazas son limitadas.

CORUXO 11-X

O próximo sábado 11 de xaneiro realizaremos a nosa primeira acción de voluntariado do ano 2020 e que será tamén a primeira das colaboracións das Brigadas coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo, que desenvolve unha intensa actividade de restauración ambiental do seu territorio.

Actuaremos nas ribeiras do regato do Pontón, no monte comunal de Coruxo. Unha vez liberado de eucaliptos, este espazo será destinado á plantación dunha ampla variedade de árbores e arbustos autóctonos, continuando o labor iniciado o ano pasado por voluntari@s e alumn@s do colexio Carrasqueira.

Na xornada do 11 eliminaremos manualmente abrochos de eucalipto, arrincaremos os de menor tamaño e anelaremos os máis grosos. Pedimos ás persoas voluntarias que, podendo, acheguen unha laia ou unha pequena machada, pois resultarán de grande axuda.

O encontro será ás 9:30h no local social da Comunidade de Montes de Coruxo (Google/maps). Cando rematemos a actividade, en torno ás 13:30h, ofrecerase un xantar ás persoas voluntarias.

É posible anotarse contactando coa persoa responsábel da Comunidade de Coruxo a través do whatsapp co número de teléfono 653904642, indicando se se pensa ficar a xantar ou non. @s menores de 16 anos deberán ir acompañad@s dunha persoa adulta; se teñen entre 16 e 18 anos, abondará coa autorización da nai, pai ou titor/a legal. As prazas cubriranse por orde de inscrición ata o día 10 de xaneiro, cando pecharemos as listas.

VALÓN 18-X

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación aos traballos realizados en 2019 no monte do Calexón (Valón), dando continuidade ás de 8 de xuño e 14 de decembro. Desta volta realizarase unha plantación manual de aproximadamente 300 árbores autóctonas: castiñeiros, carballos e bidueiros maiormente. Nesta xornada o labor será exclusivamente a plantación manual con sacho das árbores autóctonas no lugar que durante décadas fóra un eucaliptal. Agradécese as persoas voluntarias que que dispoñan dela que traian ferramenta propia.

Para apuntarse é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com Data límite para apuntarse para facilitar a loxística 12 de decembro (máximo 30 persoas).

O lugar de encontro será o local da asociación de veciñ@s de Valón ás 9:00 h da mañá; Google/maps

Dende alí partiremos para a zona de traballo. Os traballos realizaranse ata ás 14:00 h, momento no que regresaremos ao local da asociación de veciñ@s, onde a organización convidará ás persoas participantes ó xantar comunitario.

Lembrarvos que as brigadas non son só traballo, senón tamén convivio, todo o mundo é benvido independentemente da súa capacidade de traballo, así agradecemos a presenza de crianzas ou persoas maiores que queiran compartir a xornada ou o xantar con nós.

VÉMONOS NO MONTE!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s