O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, recoñece ante os medios que se están vulnerando os termos da autorización de vertidos para a EDAR de Ribeira

En declaracións feitas a El Correo Gallego, o xerente de Augas de Galicia indicou que “es mejor que los alivios industriales vayan a la depuradora que se viertan directamente al mar”. Con estas palabras, Gonzalo Mosqueira vén recoñecer que está de acordo coa decisión de desviar á rede de colectores urbanos os vertidos industriais.

Interior e exterior da arqueta onde foron detectados os vertidos industriais. Fonte: Auditoría de Adantia.

Queremos lembrar que esta decisión é contraria ao recollido no documento de Resolución de autorización de vertidos, no que se afirma “…quedan fóra do expediente tamén todas aquelas consideracións relativas ao saneamento do Polígono de Xarás, que non se atopa conectado á EDAR da que procede o vertido obxecto do presente expediente administrativo.”

Convén sinalar tamén que a dicotomía “ir á depuradora” ou “ir directamente ao mar” é unha falsa dicotomía. Posto que a EDAR de Ribeira non está preparada para depurar os residuos industriais,1 estes sairán directamente ao mar, sexa polo punto que o propio organismo de Augas estableceu na resolución de vertido (O Touro), sexa polo emisario da EDAR, en Couso.

Entendemos que a administración non queira prexudicar o sector do mexillón, que no seu día tivo que ser indemnizado polas perdas producidas por estes vertidos; pero non pode facelo a costa de prexudicar a veciñanza, a pesca e o ambiente. A veciñanza terá que pagar o sobrecusto da depuración destes vertidos industriais, o deterioro dos colectores e da propia EDAR por mor destes vertidos, e os sobrecustos na depuración como consecuencia destes desarranxos. O medio e o sector da pesca e o marisqueo veranse prexudicados, non só polos vertidos industriais (que, lembremos, só son deslocalizados para a EDAR, que non ten capacidade para xestionalos e depuralos debidamente, pois non foi deseñada para facelo) senón tamén pola peor depuración dos residuos urbanos, depuración que se verá comprometida como consecuencia da presenza de vertidos industriais.

En Verdegaia pensamos que as augas industriais non deben supoñer un prexuízo para ningún sector, nin para a saúde das persoas, nin para o medio. Deben ser, como se recolle na nosa lexislación, debidamente depuradas en orixe (e corresponde tanto ao Concello como a Augas de Galicia velar para que se cumpra a lei neste aspecto); e despois deben ser xestionadas de xeito que non afecten nin ao bo funcionamento da EDAR, nin á nosa ría, nin ao ambiente.

O proxecto indica con toda claridade que o bo funcionamento das instalacións pode verse comprometido pola presencia nelas de augas industriais, polo que envialas á rede de urbanas non supón unha solución, senón a creación dun problema engadido: ao problema das augas industriais engadímoslle o do mal funcionamento da EDAR coas fecais.

Parece, ademais, que o señor Mosqueira (xerente de Augas de Galicia) non leu de xeito pormenorizado o informe de Adantia, pois segundo os medios fala de “alivios puntuais”. A auditoría2 indica que os alivios son constantes e sistemáticos, producíndose durante “entre 14 e 16 horas ao día.

Instamos a Augas de Galicia a afrontar con decisión e valentía o problema das augas industriais do concello de Ribeira. Un problema que de non resolverse agora pode, e ben o sabe o señor Mosqueira, supoñer un grave prexuízo para a nosa ría a medio e longo prazo.

1 Así se recolle no propio proxecto da EDAR (concretamente no “Anejo de resumen de características generales del proyecto, recollido no Tomo I, páxina 43 do pdf”), e no documento da Declaración de Impacto Ambiental.

2 Páxinas 116-118 da Auditoría.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s