Vaipolorío celebra un ano máis o Día Mundial dos Humidais

VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS)

  • DÍA:Domingo 2 de febreiro do 2020
  • SAÍDA:10h da ponte da condesa
  • DURACIÓN : 2 horas aprox.

Amancio Castro menbro de Vaipolorío, profesor de Ciencias Naturais e Educación Ambiental amosará a riqueza biolóxica deste espazo

Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día Mundial dos Humedais. O convenio de Ramsar foi asinado na cidade iraní do mesmo nome no ano 1971, para preservar e dar a coñecer a importancia destes espazos naturais.

De sempre a humanidade foi dada a demonizar estes espazos, ben por precaución ou descoñecemento. Os gregos falan das aves da lagoa de Estínfalo ou a Hidra de Lerna nos traballos de Heracles. Fan unha glosa épica do heroe, non así dos humedais. Nosa mitoloxía fala das pozas das mouras. Na particular Poza da Moura do Gafos tamén existe unha interesante lendahttp://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=1586

Pouco a pouco os humedais foron desaparecendo. De sempre, estes espazos, nos pareceron inservibles ou ben apropiados para convertilos en solo industrial, deportivo, etc. Como pasou coa Xunqueira de Alba, sempre nos ollos dos “predadores”. Hoxe felizmente posta en valor polo Concello de Pontevedra e os comuneiros de Lérez.

Os humedais son de grande importancia ecolóxica, como se explicará nesta saída de Vaipolorío. Neles crece moito do plancton que vai dar aos bancos marisqueiros das nosas rías (Pérez Alberti).

O río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, conta con dous humedais chamados de terreo baixo, como di Calros Solla: boedos, chaguazos ou chagorzas. Unha en Bértola chamada “A FONTEIRIÑA” (tamo río Toxal ) e outra “AS BRAÑAS” en Salcedo (tramo río Tomeza)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s