Manifesto en apoio ao Movenmento Ecoloxista da Limia

Colectivos ecoloxistas e da sociedade civil asinamos un manifesto en defensa do activista do MEL acusado por COREN.

O vindeiro día 2 de marzo terá lugar no xulgado de Xinzo de Limia un acto de conciliación entre o compañeiro do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia), Manuel García e a empresa COREN. Este acto ten a súa orixe nunha demanda civil por danos interposta por COREN, que acusa a Manuel de intromisión ilexítima no dereito ao honor de dita empresa, por facer “imputacións falsas” contra ela nun programa te televisión emitido o pasado ano. A empresa estima os danos e prexuízos nun millón de euros.

Diante desta persecución, 43 colectivos ecoloxistas e da sociedade civil vimos de asinar un manifesto en defensa do activista de MEL, pois consideramos esta demanda un intento de amedrentar a quen sinalan as malas prácticas da gandaría industrial e deciden enfrontarse a sistemas inxustos por conseguir dereitos e liberdades sociais e ambientais.

Mentres que persoas e colectivos que traballan na defensa da xustiza social e ambiental son perseguidos, entidades vinculadas ás elites políticas e empresariais dispoñen dos medios posibles para evadir sancións penais e económicas, ou que se mire para outro lado ante as agresións que padece o entorno no que vivimos.

Queremos unha sociedade sen mordazas, na que denunciar en voz alta os excesos ambientais non supoña un risco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s