5 de xuño: ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social !!

Este venres 5 de xuño, Dia Mundial do Medio Ambiente, ás 20:30h saímos á rúa cunha concentración na Praza da Ferreiría cos lemas: ENCE fóra da ría, voltemos con xustiza ambiental e social. A APDR artellou en Pontevedra a convocatoria do Movemento Galego Polo Clima, coordinada a nivel estatal coas plataformas 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima. Debido á situación sanitaria actual e co interese de garantir o mínimo risco, así como de evitar unha imaxe de aglomeración que sería contraria ao necesario exemplo nestes momentos, dispuxéronse medidas de prevención e hixiene como a limitación no número de asistentes ou a necesidade de delimitar os espazos para manter a distancia de seguridade. Ver abaixo o modelo de cartaz, a nota leida, un vídeo, a galería de fotos , así como o video dos actos do 5 de xuño da convocatoria do Movemento galego Polo Clima e e a súa nota de prensa.

A industria papeleira é un dos grandes emisores de gases de invernadoiro, tanto polo que implica a nivel de emisións directas e indirectas de CO 2 como polas nada desprezables de metano e óxido nitroso.

O caso de ENCE non é diferente e aínda que non se teñan realizado balances realistas do volume de gases de invernadoiro netos que a empresa está a introducir na atmosfera pódese deducir que os volumes son importantes. No que se refire ao CO 2 a actividade industrial da empresa libera na súa fábrica este gas de invernadoiro en diversas fases da actividade industrial, proceden da combustión de combustibles fósiles e biomasa para producir enerxía, dos fornos de cal, das súas plantas de depuración e doutros puntos activos. Pero, non cabe dúbida de que o maior imput de CO 2 causado por ENCE é o que se produce como consecuencia dunha neglixente política forestal que afecta a grandes extensións de monte de Galicia e que é consecuencia do intensivismo das plantacións que está a provocar danos nos solos que, entre outras consecuencias negativas está a eliminación e transformación en CO 2 das reservas de carbono orgánico que supoñen un potente sumidoiro deste gas. Por outra banda o hipotético CO 2 atmosférico fixado polos eucaliptos en crecemento é rapidamente devolto á atmosfera, dende o que se devolve directamente ao queimar a biomasa ao que por procesos de descomposición dos produtos papeleiros en diversos tratamentos de residuos vai sendo devolto nun curto período de tempo.

Parece claro que a redución de emisións de gases de invernadoiro ten que pasar pola desaparición de ENCE e polo cambio cara un modelo de xestión forestal sostible e hipocarbónico.

A crise sanitaria e económica xerada polo coronavirus puxo de relevo todas as contradicións do sistema social e económico imperante e, ao mesmo tempo, o tipo de medidas drásticas que poden tomarse ante un reto global como a COVID–19 ou unha crise de efectos moito maiores como a ecolóxica.

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, no ámbito do Movemento Galego polo Clima, e en coordinación estatal coas plataformas 2020 Rebelión polo Clima e Alianza polo Clima, realizamos hoxe en diferentes localidades galegas cunha serie de accións pola xustiza social e ambiental reclamando unha Transformación Xusta capaz de frear o incremento da desigualdade, o incremento da temperatura global, a expulsión da xente dos seus barrios, da sanidade e mesmo de condicións dignas de vida.

Voltemos con Xustiza ambiental e social !!

A anterior normalidade era o problema !!

ENCE, FÓRA DA RÍA !!

A biodiversidade é seguridade !!

Nin un eucalipto máis, nin un carballo menos !!

Rescatemos as persoas non aos contaminadores !!

A RÍA E NOSA E NON DE CELULOSAS !!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s