Xincana Naturalista polo Monte da Fraga

O vindeiro sábado, 26 de setembro do 2020, celebrarase unha Xincana Naturalista no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias, Campus da Zapateira), organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña, en colaboración co G.N.Hábitat, para dar a coñecer a flora e a fauna presente neste espazo natural.

Tratarase dunha serie de preguntas e probas a través dunha ferramenta dixital combinado cos recursos presentes neste espazo natural para poñer a proba os vosos coñecementos sobre o medio natural que nos rodea.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 10:30 a 12:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa), preferentemente en grupo, a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat, a través do correo electrónico achegado na inscrición.

A xornada establece un recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 2h (1c por cada 10h de participación en actividades da OMA).

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios: inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s