Lanzamento d’O libro do clima

Verdegaia organiza, coa participación de Nais polo Clima, a presentación d’O Libro do Clima publicado por Catro Ventos editora que se realizará o xoves 24 de setembro ás 20h. por streaming.

A presentación está vinculada ás actividades que, polo 25 de setembro, se realizan a nivel mundial para demandar accións globais contra o cambio climático. Desde Galiza, o Movemento Galego polo Clima, realiza accións baixo o lema Xustiza climática para sair de todas as crises! #XustizaClimática, que se realizarán entre o 21 de setembro e o 4 de outubro, á que nos sumamos desde Verdegaia realizando a presentación desta obra.

De novo Catro Ventos sorpréndenos coa edición deste título de Esther Gonstalla que recolle aqueles aspectos relacionados co cambio climático nos que hai consenso científico e que aproveita para mostrarnos de maneira visual.

A autora, ao igual que fixera no Libro dos Océanos, presenta de maneira gráfica aqueles aspectos relacionados co Cambio Climático que é necesario coñecer para contarmos con información veraz e contrastada e que nos serva para orientarnos na linguaxe científica que acompaña as explicacións sobre a crise climática.

A obra está pensada para ser utilizada, grazas aos seus gráficos, en entornos non científicos, para que podamos transmitir de maneira sinxela aspectos sobre o cambio climático a aquelas persoas que nos rodean e que poda ser utilizado tamén nos centros de ensino. Desta maneira, Esther Gonstalla realiza un traballo divulgativo fundamental para que o podamos usar desde o movemento ecoloxista á hora de informar sobre a crise climática.

A presentación da obra será realizada por Isidro Dozo, da propia editorial, que nos contextualizará a obra, pero desde Verdegaia queremos incidir nesa capacidade do libro de servir de instrumento para comunicar socialmente a cambio climático. Desta maneira convidamos a participar a Miguel Pardellas, membro de Verdegaia e educador ambiental, e a Patricia Iglesias, membro de Nais Polo Clima e de Amigos da Terra, a que se sumen a nós para debater sobre a maneira en que podemos comunicar o cambio climático e incidir socialmente na comprensión do mesmo de maneira que a comunicación desta emerxencia serva para contarmos con xente informada que se posicione frente á crise climática.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s