Verdegaia denuncia Grupo Mineiro Santa Comba por verteduras por metais pesados

O 26 de outubro, e en datas posteriores, diversos colectivos ambientais e agrarios denunciamos ante Augas de Galicia a existencia de verteduras desde o “Grupo Mineiro Santa Comba”, consistente en achiques de augas residuais industriais de mina procedentes das plantas inundadas do referido grupo mineiro. Tales achiques eran vertidos desde unha serie de balsas de residuos mineiros situados ao sur das instalacións ao Rego da Braña Ancha .

Con posterioridade á presentación das referidas denuncia, sen que Augas de Galicia intervise para evitar ou paralizar os bombeos de achique forzado no sector “Carmen” na explotación, en Verdegaia tivemos constancia que a empresa titular das concesións mineiras iniciou entre finais da primeira semana de novembro e o día 10 de novembro, as verteduras por gravidade desde o denominado “Transversal Carballeira”, que se encontra nas proximidades dos núcleos rurais de Carballeira, Santa Sabiña e Guldrís.

Como xa foi denunciado e como xa ten constancia fehaciente Augas de Galicia, nunha primeira fase, iniciada en outubro, a empresa procedeu ao achique forzado mediante bombeo entre a cota 450 e a cota 400. Isto fíxose desde a zona de traballos de Varilongo, ben a través do Transversal Carmen , ben a través do plano inclinado descendente situado ao pé da canteira, entre as dúas cotas. Estas augas, como se denunciou no seu momento, estaban sendo canalizadas a través do sistema de desaugue utilizado igualmente por Canteira da Mina SL até as balsas de residuos mineiros situadas ao sur das instalacións desde as que se verteron (e continúan a verter) sen tratamento algún ao Rego da Braña Ancha.

Alcanzado e vaciado o nivel 50 (cota 400), a empresa titular das concesións mineiras GALICIA TIN & TUNGSTEN SL procedeu a destaponar desde o exterior o denominado “Transversal Carballeira”, unha galería de acceso e desaugue de 400 metros de lonxitude con cantidades significativas de pirita e arsenopirita causantes das drenaxes ácidas de mina. O transversal, até ese momento, encontrábase colapsado no interior, pero o seu destaponado mediante excavadora só resultaba posible desaugando previamente por bombeo toda a masa de agua contaminada retida detrás do tapón.

Esta actuación foi realizado na primeira semana de novembro, como se puido comprobar en visita de 10 de novembro. Ademais de destaponar o transversal, maquinaria ao servizo da mercantil abriron un canal a través da pista de concentración parcelaria contigua, polo que discurre un caudal continuo e elevado de augas industriais residuais de mina. Estas augas, ao levar almacenadas no interior das plantas inundadas da mina durante décadas, e tratándose dunha mina con sulfuros metálicos, teñen con toda probabilidade unha alta concentración de metais pesados en disolución. Unha vez que a galería transversal “Carballeira” pon en comunicación os dous sectores da mina (“Carmen” e “Carballeira”), a partir deste momento a totalidade das plantas situadas por encima da cota 400 están sendo desaugadas por gravedade a través do mesmo.

Infórmase neste sentido aos efectos de que por parte da empresa concesionaria non se poida alegar con posterioridade a imposibilidade de selar novamente dito transversal para impedir os vertidos, que responden a unha acción premeditada da empresa coñecedora do dano ambiental que se produciría. E para que desde Augas de Galicia se requira de inmediato a instalación dunha comporta (“bulkhead”) que impida a continuidade das verteduras. Neste sentido, lémbrase que o vacíado practicado entre outubro e novembro fará que en toda a zona mineralizada previamente inundada (en condicións anaeróbicas) aumente exponencialmente o ritmo de xeración de drenaxes ácidas de mina, polo desencadenamento das reaccións químicas que supón a exposición a situacións de osixenación as masas de sulfuros. A continuidade na actuación de Augas de Galicia, sen calquera tipo de intervencións, poderá ser presuntamente constitutiva de delitos de prevaricación ambiental por omisión do deber de control e colaboración nun presunto delito contro o medio ambiente e os recursos naturais.

Os efluentes ácidos de mina son vertidos directamente á vía pública, en particular a unha pista de concentración parcelaria, desde onde discurren sen mediar ningún tipo tratamento que permita eliminar a súa carga contaminante de metais pesados, descorrendo para terras de labor (solo rústico de protección agropecuria, que contaminan) así como para o Rego da Carballeira (tributario do Rego da Braña Ancha); con todos os impactos que isto implica para a calidade das augas, para o equilibrio dos ecosistemas e para a saúde pública.

Aactuación da empresa mineira é realizada en plena época de chuvas para minimizar o risco de detección da elevación da cantidade de metais pesados presuntamente incorporados ás masas de augas polo efecto da disolución, salientándose que a empresa non conta con ningún sistema de tratamento que poida eliminar as elevadas concentracións de metais pesados presentes nas augas residuais industriais. Lémbrase igualmente que Galicia Tin & Tungsten SL non dispón de autorización para a realización de vertidos desde o Transversal Carballeira ou ningún outro punto, tratándose dunha vertedura ilegal non autorizada.

Lémbrase ademais novamente que a empresa carece de autorización ambiental, toda vez que en 23 de marzo de 2009 o Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas D. Anxo R. Calvo Silvosa dictou “Resolución de transmisión de dereitos mineiros”, que establecía que a explotación das concesións “estará suxeita ás seguintes prescricións”: “Para poder proceder á explotación se deberá contar coa declaración ambientale coa aprobación do proxecto de explotación e plan de restauración correspondentes”. Este documento xa obra en poder de Augas de Galicia. En 6 de agosto de 2009, a necesidade de someter a actividade a avaliación de impacto ambiental é confirmada mediante Informe do enxeñeiro actuario D. Juan Lizaur Otero. Este documento xa obra en poder de Augas de Galicia. A pesar do anterior, os proxectos de explotación e plan de restauración do Grupo Mineiro Santa Comba nunca foron sometidos a avaliación de impacto ambiental, de modo que a empresa concesionaria non dispón de autorización ambiental para realizar a actividade, e moito menos autorización para

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s