Denunciamos as continuas molestias polo excesivo ruído en ENCE

Desde a APDR, ante as novas queixas feitas públicas nos últimos días por persoas que residen na contorna da fábrica de Ence, nas que inciden nas molestias que de maneira continuada -e desde xaneiro de 2019- vén provocando o ruído producido por esta instalación industrial, e que afectan ao seu descanso e à súa calidade de vida, queremos reiterar a nosa denuncia desta outra consecuencia da presenza de Ence no seu actual emprazamento.

En efecto, sen esquecermos a contaminación da Ría de Pontevedra e o impacto ambiental e socio-económico do modelo forestal eucaliptizador do noso país, a instalación de Ence nunha zona densamente poboada tamén leva décadas “premiándonos” co seu inconfundíbel cheiro (aínda non eliminado a pesar de décadas de promesas), coas súas emisións à atmosfera, cos seus comportamentos ilegais (entre outros a queima de aceites usados contaminantes, as obras sen licencia, os escapes e vertidos nunca aclarados) e con outras afectacións à calidade de vida da veciñanza como os danos en vivendas ou cos ruídos, contaminación que hoxe nos ocupa.

E debemos indicar que os “anormais” ruídos foron perceptíbeis a certa distancia do foco emisor (témolo comprobado nunha zona situada a máis de 1,5 Km de distancia da fábrica) polo que entendemos que os niveis teñen que superar o permitido pola lexislación vixente.

Como en todo o que atinxe a Ence, estes efectos negativos da súa instalación en Lourizán non son controlados con seriedade e rigor polas administracións, que non só deixa en mans da empresa o seu “autocontrol”, senón que fixa as esixencias na AAI en función dos intereses empresariais. No caso do ruído esta laxitude no control é, se cabe, máis evidente, xa que o control realízase cunha periodicidade anual, o que, evidentemente, non é representativo da realidade.

De acordo co establecido no Real Decreto 815/2013, ao longo da vixencia da AAI a Xunta terá que realizar inspeccións de seguimento do seu cumprimento. Na APDR preguntámonos, cantas se fixeron desde o ano 2018 e en cantas delas se mediu a contaminación acústica?

Por todo isto, desde a APDR esiximos, de novo, ao Concello e á Xunta que tomen cartas no asunto de maneira urxente, que realicen as debidas comprobacións e, no seu caso, que obriguen a Ence, durante o tempo que continue en Lourizán, a eliminar estes ruídos e todas as demais molestias causadas pola súa actividade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: