Este xoves, 8 de abril do 2021, ás 20:30h., falaremos con Ignasi Bartomeus e Ainhoa Magrach da Asociación Abejas Silvestres, entidade fundada no 2019 para a divulgación e conservación das máis de 1000 especies de abellas silvestres da Península Ibérica, incidindo na importancia dos seus hábitats e do seu papel na polinización.
A Asoc. Abejas Silvestres teñen varios proxectos de divulgación e, no ano 2019-2020 levaron a cabo o proxecto HABEETAT, coa colaboración de máis de 100 agricultores en Cataluña realizáronse plantacións de plantas autóctonas e a instalación de 1000 hoteis de abellas, para atraer a estas explotacións as diferentes especies do entorno e que realicen a súa labor de polinización. Este proxecto contou co patrocinio de Granja San Francisco. Desde a entidade elaboran diferentes recursos divulgativos, como a Guía de campo de las abejas de España, para dar a coñecer as abellas ibéricas e a súa importancia.
Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube: