Na procura da “Orella de Rato”

Un ano máis unhas cantas persoas namoradas do noso “ilustrado” pontevedrés do século XVIII, El Padre Sarmiento emprendemos a búsquea dunha planta que nunha das viaxes a Pontevedra en 1.755, un luns de pascua, Sarmiento debuxou e describiu a carón do río Gafos. Pasados 42 anos o botánico Person a describiuna e a nomeouna como Myosotis discolor, a que hoxe coñecemos como “Orella de rato”. A maiores temos varios pregos do herbario de Lourizán que indican que a planta foi recollida na zona. Co cal sabemos que anda por esas veigas.

Entre as dificultades de atopala en flor están a variación dun ano a outro do Luns de pascua, os adiantos ou atrasos da primavera nos diferentes anos e o tamaño e o entorno onde vive, pois o tamaño da inflorescencia en forma de báculo  é de 2 a 3 cm e os pétalos das flores de 2 mm. E claro está, a planta está mergullada no medio dun pasteiro o que fai moi fácil que pase desapercibida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s