A paralización dos dragados no canal da ría e a súa xestión

A recente paralización por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica da vertedura dos materiais de dragado procedentes do canal da Ría de Pontevedra é consecuencia, por unha parte da gravidade do impacto ambiental que se leva producindo no entorno da Illa de Sálvora, parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e por outra, da necesidade dunha xestión integral do territorio que evite a formación acelerada deste tipo de depósitos nas rías e os danos asociados á súa extracción e ao seu depósito. Así o temos solicitado nas nosas alegacións ao proxecto. En calquera caso, esta paralización ten que ser definitiva. Non se pode permitir verter en base á vella premisa de que ao mar pode tirarse todo e todo asimila. A prudencia e a prevención de danos futuros deben estar no fundamento desta xestión

Debemos ter moi presente que a zona onde se pretende depositar estes materiais dragados, tense convertido nun xigantesco vertedoiro submarino a dúas millas da zona de protección de Sálvora. Neste lugar existe xa unha inmensa montaña de 25 metros de altura na que se acumulan dous millón de toneladas de residuos procedentes de diversos dragados portuarios, sen coñecer en moitos casos a perigosidade dos materiais depositados, e por suposto, sen ter feito unha previsión do que pode ocorrer no futuro con este vertedoiro. Evidentemente hai que deixar de botar estes residuos en Sálvora.

A xestión destes materiais procedentes do dragado debe facerse de forma segura, evitando prexudicar outros sistemas naturais e destruír recursos. Para iso, teñen que ser caracterizados estudando a súa composición e propiedades, descontaminados se procede, e depositados en zonas de recheo onde se garanta que non afectarán aos recursos hídricos nin aos sistemas naturais. As dimensións da montaña submarina de Sálvora amosan que, polo de agora, non se pensou en seguridade, provocando a preocupación das confrarías da zona dada a incerteza diante das consecuencias desa acumulación de produtos de dragado.

Pero no caso destas dragaxes e doutras previstas nas Rías Baixas, non cabe dúbida de que a mellor forma de evitar os custos económicos e os danos ambientais asociados á mobilización de grandes masas de sedimentos, consiste en levar a cabo unha xestión integral do territorio, tendo en conta o conxunto das interrelacións entre as actuacións e os sistemas naturais. Debemos ter en conta que os sedimentos acumulados no canal da ría proceden en boa medida, e así se facía ver nos estudos de impacto, da erosión provocada nos montes da bacía do Lérez polos incendios forestais e diversas actuacións na xestión dos montes. Si mantemos unha política forestal que implica montes altamente combustibles, non tardarán moito en arder e de volver a acumularse os sedimentos no canal da Ría, co que en poucos anos estaremos diante da mesma situación, algo que tamén advertía o Estudo de Impacto.

Dende a Asociación Pola Defensa da Ría, solicitamos que se eviten os danos que podería provocar a acumulación de máis residuos na Illa de Sálvora, pero tamén unha política forestal que evite que os nosos solos fértiles acaben no fondo da Ría danando gravemente a produtividade dos bancos marisqueiros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: