Tala masiva de árbores no río Avia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil cos parabéns do Concello de Ribadavia está a perpetrar unha tala masiva de árbores no curso do río Avia á altura de A Quinza. As brigadas da Confederación teñen previsto continuar con estas labouras de “limpeza” ata a desembocadura no río Miño en ambas marxes, incluíndo o tramo urbán de Ribadavia. Intervencións que tamén afectarán aos ríos Cerves e Outeiro, así como, ao tramo do río Miño que vai dende a localidade de Ventosela ate san Paio.

Dende o pasado martes, un grupo de veciños, están a concentrarse na zona para evitar este despropósito, sendo quen de parar as obras dende o mércores pola tarde. As actuacións que se están a levar a cabo na zona sáldanse, polo de agora, con máis de trinta árbores  de gran tamaño taladas, árbores na súa meirande parte Chopo Negro, pero tamén; Amieiros e Freixos. O resto da vexetación riparia tamén foi severamente afectada, unha corta a ras do chan, pequenas formacións arbóreas e arbustivas que pasaron a mellor vida. O “Clareo” afecta xa a máis de cen metros de curso de auga , e isto só é o principio. Un triste, solitario, e pequeno Freixo mantense en pé, estratéxicamente situado resiste o envite das motoserras e da maquinaria pesada que circunda o que en tempos foi un lugar de esparcemento para veciños e paseantes.

Os traballos que se están a realizar amosan unha falla absoluta de sensibilidade ambiental e un descoñecemento total do clima na comarca do Ribeiro, chegados os meses do verán as temperaturas acadan os 40º, a sombra que proxecta a vexetación de ribeira conserva  a temperatura da auga en parámetros razonábeis mantendo os niveis de osíxeno. O microclima subxacente aporta refuxio e alimento á fauna. Cando destruímos as beiras dos nosos ríos só cabe agardar a erosión das marxes e o agravamento dos efectos provocados polas choivas. Tendo en conta o lugar onde se está a acometer  semellante disparate, afectado reiteradamente por inundacións, só cabe agardar que o problema se agudice e as consecuencias poidan chegar a ser devastadoras.

2 Comments Add yours

  1. PABLO DE LA IGLESIA GARCIA di:

    Antes de dar vericidade a tala masiva, personarse ali persoalmente, e vades poder ver que moitas arbores estan enfermas e podrecidas, co risco de caer e provocar unha desgraza

    1. Ola Pablo, chámome Vicente e son o administrador da páxina, membro do que foi a Asociación Ecoloxista Coto do Frade e autor deste artigo. Vivo no Ribeiro e estiven todos estes días pola zona tratando de impedir que se seguira con esta tala. Un dos últimos traballos que fixemos dende Coto do Frade foi un estudo da situación da área riparia do Avia, analíticas incluídas de solo, augas e flora, este traballo estivo destiñado a obtención de datos para tratar a enfermidade por fungo que estaba afectando aos amieiros, moitos dos cales, finalmente morreron, o traballo realizouse coa colaboura da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. A zona da Quinza, tamén estaba afectada polo fungo Phytophthora alni, o que que fixo que moitas árbores pereceran, supoño que cando das esa opinión farás referencia a esas árbores en concreto, que por certo, xa foron retiradas no seu momento. A día de hoxe, a zona estaba nun proceso de recuperación, as árbores taladas estaban en bo estado a excepción dunha, que foi arrincada polo vento neste pasado invero. Agás dos chopos, e en menor medida, tamén foron talados varios amieiros e freixos, e o pior, fixeron unha “limpeza” a ras de chan eliminando novos brotes destas especies, así como de arbusto de ribeira. Un saúdo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s