
A transición enerxética cara a un modelo baseado en renovábeis é un compromiso ineludíbel. Esa transición debe ser xusta, socialmente distribuída e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe. Mais non está sendo así.
Esta campaña de crowdfunding pretende impulsar iniciativas xurídicas que sirvan para evitar un modelo baseado en megainstalacións; dará asistencia técnica a colectivos e entidades afectadas por estes proxectos; e construirá unha biblioteca online de acceso libre con recursos legais, bibliográficos e cartográficos para facilitar a participación cidadá.
A campaña desenvólvese a través de migranodearena.org, plataforma de crowdfunding solidario, até o 5 de xuño de 2021, Día Mundial do Medio Ambiente.
Seis organizacións ambientais unímonos nesta iniciativa para defender a Cordilleira Cantábrica frente ás ameazas de industrialización eólica.
Moitas grazas pola vosa achega.