O ano 2020 sería a data exacta desde que se formalizou a Federación Ecoloxista Galega (FEG) alá polo ano 1.990, pero que xa viña dun percorrido recoñecido como Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza (AGENG), de aí que a celebración dos 30 + 5 anos, en recoñemento a toda a historia do movemento ecoloxista galego.
Unha data sinalada para que non fique no esquecemento e que, a súa vez, nos sirva para coller folgos nun camiño mais longo se cabe. A defensa do territorio, a conservación da biodiversidade, a educación ambiental, a voz nos órganos consultivos da administración, as accións reivindicativas de loita ambiental, son as principais accións que se promoven e promoveron desde o nacemento da FEG, imprescindíbeis todas.
Con esta xornada de celebración preténdese o recoñecemento das persoas e colectivos, das loitas gañadas (e tamén das que foron, canto menos, loitadas), dos momentos mais simbólicos, do traballo conxunto entre colectivos de diferentes puntos do país con un fío común: a ecoloxía.
O programa é o seguinte:
10:45 Recepción e Benvida da Directiva actual da FEG
11:00 Presentación do Proxecto Temos Raíces
11:45 Descanso. Café e petiscos ecolóxicos
12:15 Fitos dos 30 anos de ecoloxía en Galiza, presentado polas persoas que foron coordinadoras da FEG na súa historia
13:45 Xantar de convivio
15:30 Animación musical Zeltia Irevire
16:30 Mesa redonda: o papel do ecoloxismo na transición ecolóxica e emerxencia climática, con convidados/as expertas en soberanía alimentar, decrecemento, activismos xuvenís, biodiversidade.
Durante a xornada:
o Proxección “30 anos: 30 imaxes de ecoloxía en Galiza”
o Exposición dos pósters de campañas históricas da FEG
Data e lugar: 25 de setembro de 2021, no CS Don Bosco, en Santiago de Compostela.
Fican convidados todos os colectivos que, aínda que non estean na actualidade federados, participaron ao longo do percorrido histórico da FEG + AGENG. Recibimos as inscricións NESTE FORMULARIO.
