
Chegamos xa á 9ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o IX CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Este ano, baixo o título “A vida a rentes do chan“, o G.N.Hábitat poñer en valor as especies ligadas ao chan e o mesmo solo. Gracias a él podemos vivir hoxe en día na superficie do planeta e da sustento as plantas que atraen a multitude de especies de vertebrados e invertebrados. Cando un solo sofre erosión ou unha perturbación tarda moitos anos en recuperarse e con él todas as especies ligadas ao chan, polo que a súa conservación é esencial para a nosa biodiversidade. O solo determina as comunidades vexetais que nel se van a establecer e con elas todas as especies animais. Por iso queremos neste certamen, darlle valor ao chan, pola súa gran importancia no ecosistema.
Coa posta en marcha desta iniciativa preténdese implicar á xente no contacto coa súa contorna, a través do debuxo da flora, fauna e xea presente no espazo natural protexido do encoro de Cecebre [integrado na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo] e as cuncas dos ríos Mero e Barcés, co gallo de consolidar na cidadanía unha corrente de interese polo coñecemento e preocupación pola conservación do Patrimonio Natural.
A inscrición é de balde e aberta á cidadanía, non sendo preciso ter aptitudes nin coñecementos en ilustración para poder participar, tan só as ganas de gozar da natureza a través do debuxo.
Haberá dúas categorías diferentes (menores e maiores de 14 anos) e premios en todas elas para as obras máis salientables. Así mesmo, de entre as obras achegadas seleccionaranse aquelas que pasarán a ilustrar o Calendario 2022 da nosa entidade.
O prazo de peche de inscricións e entrega dos debuxos rematará o 15 de novembro de 2021.
Toda persoa que desexe participar deberá ler e cumprir o recollido no documento das Bases Reguladoras (dende as cales se da acceso ao formulario de inscrición online), dispoñibles na seguinte ligazón: Bases Reguladoras do Certame
Así mesmo, podes descargar o cartel do IX certame de debuxo na seguinte ligazón, e animar a compañeiros e amigos a participar! Descarga do cartel
Anímate, difúndeo e axúdanos a superarnos este ano!!
* Se queres atopar máis información, imaxes e vídeos de anteriores convocatorias desta iniciativa, visita a seguinte ligazón: novas do certame na nosa web.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014