Calendario 2022 do G.N Habitat, xa dispoñible!

Comprácenos comunicarvos que xa está dispoñible o calendario 2022 do G.N.Hábitat, que xorde como resultado das obras participantes na IX convocatoria do Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre, bautizada baixo o subtítulo de “A vida a rentes do chan”.

Dende Hábitat, comprometidos coa divulgación ambiental, queremos facer novamente que esta publicación sexa accesible a todo aquel que a queira ter, podendo gozar das ilustracións e textos que a compoñen, polo que poñemos a disposición de todos os interesados a posibilidade da súa descarga gratuita (formato .pdf) dende a seguinte ligazón: Descarga do calendario 2022

O debuxo como ferramenta para a implicación cidadá no contacto coa súa contorna natural. Esta é a finalidade principal do Certame de Debuxo da Natureza, que un ano máis vimos de organizar dende o Grupo Naturalista Hábitat da man de Emalcsa.

Moitas grazas a todos os participantes!

Deixar un comentario