Xunta e PP manipulan o informe do Consello Consultivo de Galicia

Tan pronto o Presidente da Xunta anunciou que ía solicitar ao Consello Consultivo de Galicia (CCG) un Informe sobre a viabilidade de adscribir os terreos de dominio público ocupados pola empresa ENCE á Autoridade Portuaria de Marín, desde a APDR advertimos da posíbel utilización “interesada” do Informe por quen pretenden buscar unha “solución xurídica” que permita pasar por riba das sentenzas da Audiencia Nacional e manter ENCE, de forma ilegal, en Lourizán.

E así llo fixemos saber ao propio Presidente do CCG, Sr. Costa Pillado, en escrito de setembro de 2021 no que solicitabamos que non permitise a utilización do CCG para unha estratexia que, diciamos daquela, “semella noxenta”.

O pasado novembro, nun segundo escrito, fixémoslle ver o uso indebido que se estaba a facer do Informe elaborado polo Consello Consultivo por parte de diversos actores partidarios de manter ilegalmente ENCE en terreos de dominio público, solicitándolle desta volta aclaración pública do alcance do mesmo. O certo é que, hoxe, a MANIPULACIÓN do Informe do CCG por parte do executivo galego e outros actores (PP, CC.OO., o Comité de Oficinas de ENCE,…) é evidente sen que teña habido aclaración ningunha por parte do Sr. Costa Pillado.

Nestas últimas datas o Presidente Feijóo, o Vicepresidente Rueda e o PP de Pontevedra sosteñen publicamente que “a adscrición dos terreos permitiría sortear o problema creado polas sentencias da Audiencia Nacional” e din basear esta afirmación no Informe do CCG, unha afirmación que entra en clara contradición coa legalidade e que, pola súa gravidade, debería obrigar ao Sr. Costa Pillado a desmarcarse destas posicións de forma clara e inmediata ou, de non facelo así, a presentar a súa DIMISIÓN para non seguir danando o prestixio do Consello Consultivo de Galicia e o dos seus membros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s