Día mundial das zonas Húmidas no Encoro de Abegondo

Hoxe é o Día Mundial das Zonas Húmidas, este día estableceuse tras o Convenio de Ramsar que se celebrou no ano 1971 (e entrou en vigor no ano 1975) para protexer as zonas húmidas do planeta e o seu uso racional. Estas zonas son moi importantes, non soamente pola biodiversidade que albergan, senón tamén polos servizos ecosistémicos que ofrecen. Son un dos ecosistemas máis ameazados do planeta, cunha perda a nivel mundial tres veces maior que os bosques. Por iso é moi importante conservar as zonas húmidas e valorar o seu papel fundamental na conservación da Biodiversidade, nas nosas vidas e no equilibrio do medio natural e do clima.

Tamén hoxe é o día da Candelaria, é dicir, que hoxe casan os paxariños, polo que estamos de doble celebración. 

A xornada terá lugar o vindeiro 05 de febreiro de 10:30 a 13:30h, será de balde e aberta ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:Formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s