Vaipolorío coa xuventude do proxecto Europeo “Sprouting Future”

Nesta xornada falouse da historia da asociación Vaipolorío e sobre o ecosistema do río. As persoas participantes sumaranse tamén á replantación con árbores de ribeira doadas polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

O Proxecto Europeo “Sprouting Future” (Xerminando Futuro) é organizado e impulsado por Ticket2Europe (Pontevedra)

30 persoas de Bulgaria, Letonia, Macedonia do Norte. Grecia e de toda España.

A temática deste proxecto busca reflexionar e aprender sobre o papel do mundo rural e a súa relación coas cidades, buceando en iniciativas de emprendemento verde.

Deixar un comentario