Coma todos os anos por estas datas, e xa non lembro cantos anos hai que o facemos, pero seguro que hai máis de vinte anos, Néboa Medio Ambiente adicou a xornada de hoxe a plantar árbores. Nesta ocasión foron piñeiros no monte de Ancos. Quen coñeza o monte de Ancos sabe que o terreo é moi pedregoso e a zona moi ventoeira, por iso as plantacións alí son un pouco complicadas, con todo levamos moitos anos a plantar alí, probando con outras especies autóctonas nos inicios e nos últimos anos plantando sobre todo piñeiros, e este ano aumentamos un pouquiño máis a nosa plantación. Ademáis de plantar tamén colocamos algunhas caixas niño nas árbores do lugar, caixas que agardamos ver ocupadas na seguinte visita da asociación.
