Dende hoxe os nenos e nenas do CEIP de Maciñeira (Neda) poden gozar das imaxes que constitúen a exposición fotográfica adicada ás aves do concello de Neda que deseñamos hai un par de anos coa axuda da Deputación da Coruña, imaxes que retratan as aves máis habituais tanto no medio acuático coma no medio terrestre…
Etiqueta: Néboa Medio Ambiente
A asociación Néboa Medio Ambiente nas Fragas do Eume
A asociación Néboa Medio Ambiente ven de rematar a súa estancia en na área natural de Vilarbó despois de dous meses de traballo; dende hai máis de vinte anos Néboa Medio Ambiente colabora coa asociación Escola de Tempo e Aire Libre Néboa para levar a cabo as Acampadas intermunicipais na Natureza que todos os veráns…
Queres ser voluntario Medio ambiental nas Fragas do Eume?
Hai máis de vinte anos que Néboa Medio Ambiente, en colaboración coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, trae voluntarios de todo o mundo a traballar nas fragas do Eume. Os voluntarios medio ambientais facemos un traballo de formiguiñas coidando das fragas como o facían os nosos antergos, retirando o lixo que traen río…
As Fragas do Eume, cada vez máis deterioradas
Primeiro foron os parques eólicos, logo foron as plantacións de eucaliptos, agora as talas masivas desas plantacións e o esgotamento do caudal do río Eume, … Néboa Medio Ambiente leva máis de vinte anos traballando nas fragas de Vilarbó, limpando as beiras do río, facendo plantacións de árbores autóctonas e promovendo o coñecemento dos valores…
Día Mundial do Medio Ambiente: e ti, que fas polo medio
Esta fin de semana celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente; en Néboa Medio Ambiente nos gusta lembrar estas datas ainda que pensamos que o día de lembrarnos do medio natural que nos rodea non é cousa dun día senon de todos e cada un dos días do ano. Para celebrar esta data lles pedimos…
Paxareando polas Lagoas de río Caldo
A Semana Santa se complicou un pouco para os socios do clube Andoriña, a covid afectou a varios membros do grupo e de feito se suspendeu oficialmente a actividade do grupo para estas datas, pero a pesares diso, catro mebros do grupo decidiron saír pola súa conta e manter a visita prevista ás Lagoas de…
Un ano máis, Néboa celebra o Día da Árbore
Coma todos os anos por estas datas, e xa non lembro cantos anos hai que o facemos, pero seguro que hai máis de vinte anos, Néboa Medio Ambiente adicou a xornada de hoxe a plantar árbores. Nesta ocasión foron piñeiros no monte de Ancos. Quen coñeza o monte de Ancos sabe que o terreo é…
Néboa Medio Ambiente celebra o Día da Árbore
O día da árbore é unha data que Néboa Medio Ambiente nunca esquece, por moitas razóns, polo que reviindica, porque cada ano nos lembra a nosa especial vinculación coas árbores e os bosques galegos, porque as primeiras actividades da nosa asociación foron celebracións coma esta, …. Co paso do tempo en Néboa nos dimos conta…