As Fragas do Eume, cada vez máis deterioradas

Primeiro foron os parques eólicos, logo foron as plantacións de eucaliptos, agora as talas masivas desas plantacións e o esgotamento do caudal do río Eume, …

Néboa Medio Ambiente leva máis de vinte anos traballando nas fragas de Vilarbó, limpando as beiras do río, facendo plantacións de árbores autóctonas e promovendo o coñecemento dos valores ambientais da zona entre unha morea de campistas e monitores dos campamentos de Vilarbó, e moitos voluntarios dos campos de mellora medio ambiental. Ao longo deses vinte anos puidemos ver como as fragas de Vilarbó e Lostegal foron reducindo cada vez máis a súa extensión e quedando acorraladas pola proliferación das plantacións de eucaliptos, se nos cae a alma ao solo cando vemos aberracións tan grandes como as talas masivas das plantacións de eucaliptos que deixan cumes e ladeiras dos montes e montañas da zona totalmente desnudos e a expensas da chuvia, e cando ano tras ano vemos como o caudal do río Eume diminúe estrepitosamente cando chega o verán, a pesares das leis medio ambientais, e do respeto ao chamado caudal ecolóxico, que a nós sinceiramente nos parece que cada ano ten menos de ecolóxico.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s