Néboa Medioambiente presenta a exposición “As nosas aves en Maciñeira (Neda)”

Dende hoxe os nenos e nenas do CEIP de Maciñeira (Neda) poden gozar das imaxes que constitúen a exposición fotográfica adicada ás aves do concello de Neda que deseñamos hai un par de anos coa axuda da Deputación da Coruña, imaxes que retratan as aves máis habituais tanto no medio acuático coma no medio terrestre do entorno nedense, cada unha delas acompañada dun breve texto que describe as principais características desas aves e sempre algunha curiosidade. Durante quince días o alumnado e  os mestres de Maciñeira poden introducirse un pouquiño no mundo da ornitoloxía, coas imaxes dea exposición e con algún dos materiais e xogos didácticos deseñados por Néboa para axudar a coñecer as aves do noso entorno. Agardamos que vos guste e que sigamos a colaborar como sempre o fixemos cos coles do concello de Neda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s