Xaneiro con verdegaia: Eliminación de xuncia (Cyperus Eragrostis) en Vilaboa

En Xaneiro, dentro da Campaña 12 Meses, 12 Invasoras: campaña anual para combater a perda de biodiversidade realizaremos unha actividade de eliminación de Xuncia (Cyperus eragrostis) en Vilaboa.

Empezamos a campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ adicando o mes de Xaneiro a unha especie que leva anos conquistando as marxes dos nosos ríos impedindo o desenvolvemento das especies autóctonas, a Xuncia (Cyperus eragrostis).

Así, este Domingo 29 de Xaneiro imos realizar unha actividade de eliminación desta planta en Vilaboa, concretamente no río Maior. Un espazo natural moi ben conservado pero que tamén experimenta o azote das Especies exóticas invasoras (EEI).

Combinamos ás 11h. diante da Casa da cultura de Riomaior (42°19’27.1″N 8°39’21.7″W). A participación é gratuíta e a organización prestará as ferramentas e as luvas necesarias.

Para ir coñecendo o ‘inimigo’ ao que nos imos enfrontar, na ficha adxunta podemos observar como a Xuncia é unha das varias EEI que basea o seu potencial de colonización no potente rizoma que posúe. O rizoma é unha parte subterránea da planta que funciona como un reservorio de enerxía polo que, se nos limitamos a cortar a parte aérea da planta, esta volverá a rebrotar infinidade de veces. Isto implica que nunha acción de erradicación sexa fundamental:

  • perforar o solo uns 20 cms ata atopar o rizoma;
  • extraer o rizoma na súa totalidade porque se deixamos un anaco, por pequeno que sexa, a Xuncia será capaz de rexenerarse;
  • incinerar o rizoma para que non volva a entrar en contacto co solo, o modo máis simple é introducilo nunha bolsa, pechala ben e tirala no contedor de lixo xenérico. Se SOGAMA é especialista en algo… é en queimar!

Lembra que antes de actuar é importante ter moi claro todo o proceso. En caso de dúbida contáctanos ou envíanos a localización do exemplar que tes localizado para que nunha próxima ocasión poidamos proceder á súa eliminación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s