O G.N. Hábitat declarado de Utilidade Pública

O Grupo Naturalista Hábitat ven de ser recoñecido como Entidade de Utilidade Pública (DOG de 3 nov 2022).

Esta categoría concédese a aquelas asociacións sen ánimo de lucro que, cumpran de maneira efectiva cos fins marcados nos seus estatutos cunha adecuada organización de medios materiais e humanos e nas que a súa actividade produce un beneficio que vai máis alá dos seus asociados afectando positivamente a toda a sociedade.

Ademais de consideralo un premio ao traballo que se leva a cabo no Grupo, esta declaración ten, unha vertente práctica, facilitando o acceso a fontes de financiamento que permitirán que continuemos a estudar, divulgar e defender o noso Patrimonio Natural.

Este recoñecemento é para o esforzo e dedicación das centos de persoas que traballaron desde o Grupo Naturalista Hábitat nestes máis de 40 anos para o estudo e defensa do medio natural galego e gracias a eles toda a sociedade podemos desfrutar dos froitos deste traballo. Gracias por facelo posible.

Podedes ver o anuncio do Diario Oficial de Galicia premendo o seguinte enderzo:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s