Néboa Mediambiente celebra o Día da árbore plantando en Vilarbó

Néboa Medio Ambiente é unha entidade ecoloxista que naceu alá polo ano 1996 plantando árbores, e a día de hoxe seguimos a plantar árbores, é algo que nos gusta facer e que procuramos facer varias veces ao ano, sen que falte un só ano sen facelo, nin a pandemia consigueu que Néboa Medio Ambiente deixara de plantar árbores; por iso unha data especialmente querida para todos os socios e socias de Néboa é o Día da árbore, que todos os anos procuramos celebrar plantando, ás veces con colexios e outras veces só cos socios e voluntarios de Néboa nalgún dos terreos que custodiamos na provincia da Coruña. Este ano o fixemos no noso querido Vilarbó, no concello de As Pontes. Alí pasamos a fin de semana plantando carballos, castiñeiros e capudres que esperamos medren e pasen a formar parte do bosque autóctono que levamos anos a recuperar nesta área natural chea de vellas fragas que morren pola falta de novas plantacións e o abandono do medio rural.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s